CRTVG

Buscar

Sanxenxo participará nun programa piloto para a desescalada en destinos turísticos

Publicado o 06/05/2020 14:36

Non é a primeira vez que Sociedade Estatal para a Xestión da Innovación e das Tecnoloxías Turísticas escolle Sanxenxo para un programa piloto. Este que se anuncia agora está baseado na información en tempo real. Os datos da situación sanitaria serán accesibles para calquera empresa turística autorizada polo municipio.

Os operadores seguen pendentes de coñecer as medidas coas que abordará a desescalada. As condicións coas se realizará a reapertura dos seus establecementos son cruciais para determinar os postos de traballo.

Conil, en Cádiz, e Santa Susana, en Barcelona, son os outros dous destinos españois cos que se probará este sistema para dar confianza aos clientes.

Noticias web

06/05/2020