CRTVG

Buscar

Sanxenxo, último lugar onde estivo o rei Xoán Carlos antes de abandonar España

Publicado o 05/08/2020 16:14
Sanxenxo, último lugar onde estivo o rei Xoán Carlos antes de abandonar España

O rei Xoán Carlos pasou en Sanxenxo a súa última fin de semana antes de deixar España, cos amigos e compañeiros de regatas do Bribón, da clase 6 mR de vela, a aventura no mar coa que leva estes anos ilusionado e embarcado. Así o publicou esta mañá o xornal 'El País'.

O luns, pouco despois das 7.30, deixou a localidade de pontevedresa e fontes próximas ao antigo monarca especulan que o destino podería ser o aeroporto internacional do Porto, a 140 quilómetros.

Xoán Carlos non lles contou ao seus compañeiros cal era o seu destino, pero si se interesou por varias probas aprazadas por culpa da covid-19 que afectan directamente a Sanxenxo, o lugar en que se reencontrou coa vela e o mar cando xa cría, polas súas lesións e operacións, que non volvería competir.

Segundo publica o diario, aloxouse na casa que ten na localidade o campión de vela Pedro Campos, presidente ademais do Real Club Náutico. Ceou co seu equipo e rememorou os episodios que o uniron con esa localidade desde que a visitou por primeira vez, no 1957.