CRTVG

Buscar

Sanxenxo pecha agosto cunha ocupación do 65%

Publicado o 01/09/2020 18:44
Sanxenxo pecha agosto cunha ocupación do 65%

Sanxenxo conseguiu aguantar mellor os efectos da pandemia e pechou agosto cunha ocupación media do 65%. Segundo o Consorcio de Empresarios Turísticos deste concello, na primeira quincena do mes superouse o 70%. Na segunda, coa chegada do mal tempo e os gromos, houbo numerosas cancelacións de última hora.

O sector está satisfeito porque só se produciu un descenso de 24 puntos con respecto ao pasado ano. Os hoteis de catro estrelas e os apartamentos turísticos foron os que rexistraron un maior nivel de ocupación.

Noticias web

01/09/2020