CRTVG

Buscar

Sanxenxo participa no proxecto piloto da rede de destinos turísticos intelixentes

Publicado o 03/05/2020 14:50

Sanxenxo, pero tamén Lugo, Ourense, Vilagarcía, Pontevedra e a Mancomunidade do Salnes levan formando parte, desde 2019, da rede de destinos turísticos intelixentes, como outros 70 municipios españois.

Un destino turístico, poñamos por caso Sanxenxo, a través dos comerciantes, hostaleiros, residentes, turistas, dixitaliza, fai público en tempo real diversos datos como por exemplo cantas persoas hai na vila, de onde son...

O proxecto segue en marcha pero antes desa dixitalización e monitorización das vilas turísticas chegará o verán de 2020 no medio desta pandemia por coronavirus. Sanxenxo ten 17.000 vivendas. Delas 11.000 son segundas residencias de cidadáns doutras provincias galegas e doutras comunidades como Madrid.

Porque o peche turístico de Sanxenxo sería unha traxedia económica, segundo conta o seu alcalde.

Noticias web

03/05/2020