CRTVG

Buscar

Sanxenxo esquiva as restricións, pero a actividade cae polo efecto nas vilas próximas

Publicado o 12/11/2020 15:28

Con 64 casos activos e en alerta vermella, Sanxenxo continúa suxeito ás restricións básicas. Restaurantes e cafeterías seguen abertos.

Tampouco está prohibida a mobilidade, pero o peche perimetral dos concellos de arredor como Poio, O Grove e Pontevedra deixa illada esta localidade.

Pouca xente tamén nas terrazas e restaurantes. O comercio bota en falta os visitantes, sobre toda nas fins de semana.

Polo momento, a situación epidemiolóxica é favorable e as autoridades locais piden prudencia.

Sanxenxo pechou os parques infantís e permanece o toque de queda e as reunións ata un máximo 6 persoas non conviventes.

 

Noticias web

12/11/2020