CRTVG

Buscar

Sanxenxo e outras vilas turísticas prepáranse para a campaña do verán

Publicado o 13/06/2020 18:29

Na praia de Silgar, en Sanxenxo, ultiman a posta a punta dos areais porque en só nove días comeza o verán. As escavadoras do concello limpan a area onde se van colocar as novas cuadrículas familiares. No paseo nótase que xa houbo desembarco de turistas doutras provincias galegas con propiedades na vila.

Os hoteis comezarán a a abrir as portas o venres 19 e algúns agardarán ata o 26 de xuño, cando a nova normalidade estea máis preto de todas as comunidades autónomas. Nalgúns esta semana xa hai persoal na recepción para poder ir pechando reservas por teléfono. Cóntannos que moitos, coma este, xa teñen pechado case todo agosto con peticións de clientes habituais, maiormente de fóra de Galicia.


Porque de 16 mil vivendas de Sanxenxo unhas dez mil pertencen a persoas de fóra da vila.

Noticias web

13/06/2020