CRTVG

Buscar

Santiago terá os fogos do Apóstolo, pero adaptados á situación do coronavirus

Publicado o 02/06/2020 16:27

As novidades deste ano están marcadas polas medidas que esixe a pandemia do coronavirus. Xa se confirmou que haberá fogos do Apóstolo, pero este verán o principal obxectivo é evitar aglomeracións. Por iso, está previsto que se repartan por varios barrios da cidade para fuxir das concentracións masivas.

Deste xeito, o público poderá gozar do espectáculo pirotécnico desde as propias casas, prazas, rúas e parques. O próximo venres contan con presentar todos os detalles desta edición especial dos fogos do Apóstolo.

 

Noticias web

02/06/2020