CRTVG

Buscar

Santiago prolonga o éxito do verán

Publicado o 02/09/2019 17:54

Whisky, chihuahua... Pataca, sexy... Son as palabras máxicas que lles pide o fotógrafo aos turistas para saíren na foto. E moitas, moitas veces se poden escoitar ao longo de todo o día.

"Hoxe, sobre todo, vexo moita xente, e non sei ben a razón".

A razón é que non hai razón especial, porque xa é costume ver esta praza ateigada, tanto de fotos coma de bosques de pernas.

"Aquí hai moita xente sempre".

Rostros de fascinación que ilustran esa atracción case hipnótica que esperta Galicia en todo o mundo.

"Vale a pena. Aínda que non sexa peregrinando, emociona chegar ata aquí".

Quizais por iso haxa tantos que repiten.

"Vin polo menos seis veces".

Esta afluencia de setembro remítenos á desestacionalización do turismo na cidade.

"Aquí hai moita xente sempre". "Todo o ano, porque hoxe é un día de todo o ano".

Sirva unha imaxe: o tren marcha cheo, pero volve case baleiro. Será que a xente queda pola cidade. Porque agosto queda atrás, pero a xente queda en Compostela.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/09/2019