CRTVG

Buscar

Santiago Martínez, consultor en comunicación estratéxica: "A estratexia de non confrontar coa extrema dereita no debate é errada"

Publicado o 06/11/2019 11:15

Catro días nos quedan para o día das votacións e a campaña electoral segue marcada polo debate dos líderes estatais do luns pasado.

"Os políticos latinoamericanos están menos encorsetados, manexan moi ben a oratoria e a rúa. Os españois están mal asesorados, non están traballando ben os debates".

"Ademais dos aspectos técnicos do debate, cada vez se está traballando máis o que vas dicir nas redes sociais. Tamén hai que vender o debate, porque moita xente se vai guiar pola valoración da prensa sobre quen gañou o debate".

"Este debate non tivo un gran seguimento. Hai que ter en conta que os cara a cara tiñan moita audiencia pola súa novidade na democracia. Nun debate a cinco, podes gañar o debate e non saír beneficiado. Hai que ver quen gañou máis votos co debate".

"O candidato da extrema dereita deu datos que non se sostiñan, pero aínda si, ninguén lle respondeu. O mellor tería sido replicarlle, sobre todo, por parte do presidente en funcións. Abascal saiu beneficiado da non confrontación".

"Canto máis preto do día da votación, máis influencia gaña o debate. Un 6% da cidadanía, segundo o CIS, cambiaron o voto nas últimas eleccións. O debate ten que servir para mobilizar o teu electorado".

"Os candidatos van con moitos gráficos pequenos e non saben onde están as cámaras. O candidato debe sacar unha gráfica que che sirva para demostrar que ter razón. A importancia dos efectos é saber facelos e non abusar deles".

"O debate está tan enconsertado, que en canto o moderador sae do guión, convértese no protagonista do debate. Así foi no momento en que a moderadora advirte da falta de mulleres entre os candidatos".

"Os moderadores queren dar unha imaxe de imparcialidade. Habería que ir a un tipo de debate anglosaxón, con preguntas abertas dos presentadores e da cidadanía. Aquí seguimos facendo debates co formato pechado do cara a cara, nun debate a cinco".

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/11/2019