CRTVG

Buscar

Santiago, a cidade galega coa maior incidencia acumulada de casos de coronavirus

Publicado o 16/01/2021 16:44

Un indicador importante é o dos casos activos, pero tamén é importante a incidencia acumulada, que inclúe factores como a poboación e a evolución nas últimas semanas. Santiago está á cabeza en incidencia acumulada nos últimos 14 días.

Supera os 480 casos por cada 100.000 habitantes. Por debaixo da media española pero por riba da galega, que se sitúa nos 357. Nesa clasificación das cidades galegas con peor incidencia están Ourense, A Coruña, Ferrol, Vigo, e xa máis afastadas, Pontevedra e Lugo.

 

 

Noticias web

16/01/2021

Máis sobre Santiago de Compostela