Santi Mina ficha e marcha co Celta á Toxa
Santi Mina asinou esta mañá o seu contrato co Celta e esta tarde viaxiou ata A Toxa. Alí estará concentrado o Celta os próximos días. Tras catro temporadas no Valencia, Santi Mina regresa ao lugar en que medrou e se formou como futbolista. O seu compromiso é polas próxima cinco campañas.
Hai sorrisos que delatan. O Celta marchou a Toxa para afrontar a segunda semana da pretemporada e as cousas para Escribá marchan. Ao proxecto subiu este domingo Santi Mina. Décimo futbolista deste Celta con pasado na Madroa. A meirande parte máis que compañeiros, amigos.
No autocar estaban todos, agás Aspas, que ao igual que Lobotka, Mazan, Mor e Okay pasarán probas médicas este luns e logo viaxarán. Por diante agárdanos duros días de traballo. Xa advertiu Escribá que aumentará a carga física e comezará a desenvolver o aspecto táctico. Traballo duro, pero -polo que se ve- ao que non lle van faltar sorrisos.