CRTVG

Buscar

Sanidade retira 16 fármacos con ranitidina por detectar un posible carcinóxeno

Publicado o 02/10/2019 21:12

Ranitidina, este é o principio activo que a Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios retira do mercado pola presenza dunha impureza que podería ser canceríxena. A partir de agora, lotes coma estes xa non se atoparán nas farmacias. Un medicamento, por certo, bastante común.  

Ana Fernández, auxiliar de farmacia, di que "está prescrito en caso de hiperacidez gástrica, e para refluxo gástrico, en caso de úlceras". "Utilízase bastante, é con prescrición médica e están retirados todos do mercado".

Nada máis retirarse, nesta farmacia, por exemplo, xa houbo quen foi preguntar por el. Á espera de que haxa un substituto, a recomendación é clara: consultar co médico. Porque, ollo, explícannos que o omeoprazol non é alternativa. 

Ana Fernández, auxiliar de farmacia, di que "o omeoprazol é un protector gástrico, non fai o mesmo efecto unha ranitidina que un omeoprazol. Son cousas parecidas, pero utilízanse en casos distintos".

A retirada, a nivel europeo e internacional, só afecta os medicamentos orais, sen que atinxa a administración intravenosa. Lémbranos a Axencia Española de Medicamentos que esta é unha medida preventiva e que non hai evidencia de que esta substancia puidese producir dano algún en pacientes que o consumisen.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí