CRTVG

Buscar

Sanidade notifica dous falecidos e 187 casos máis en España pola covid-19

Publicado o 29/05/2020 17:29
Sanidade notifica dous falecidos e 187 casos máis en España pola covid-19

O Ministerio de Sanidade notificou 39 falecidos con COVID-19 con data de defunción no últimos sete días, elevando a cifra total a 27.121 mortos, dous máis ca os notificados onte, segundo o balance publicado este venres. Ademais, confirmáronse 187 novos casos fronte a este xoves, para un total de 238.564 positivos.

Nos últimos 14 días, 1.061 persoas iniciaron síntomas da enfermidade, dos que 276 fixérono durante a última semana. Por outra banda, no pasados sete días producíronse apenas doce ingresos nas unidades de coidados intensivos (UCI), con 11.397 desde o inicio da pandemia, mentres que 286 persoas precisaron de hospitalización na última semana, cun otal de 123.891.

As 39 mortes localizáronse en:

Aragón 2

Canarias 1

Castela-A Mancha 1

Castela e León 4

Cataluña 8,

Comunidade Valenciana 3

Estremadura 3

Galicia 6

Madrid 5

Murcia 1

A Rioxa 5

Dos 187 novos confirmados:

Andalucía 7

Aragón 14

Asturias 1

Baleares 1

Canarias 5

Cantabria 1

Castela-A Mancha 3

Castela e León 7

Cataluña 47

Ceuta 6

Comunidade Valenciana 11

Estremadura 2

Galicia 1

Madrid 61

Murcia 1

Navarra 15

País Vasco 2

A Rioxa 2.

No pasados sete días producíronse apenas doce ingresos nas Unidades de Coidados Intensivos (UCI), con 11.397 desde o inicio da pandemia. Estes doce ingresos producíronse en Andalucía (1), Aragón (1), Castela-A Mancha (4), Cataluña (2), Comunidade Valenciana (1), Galicia (1) e Madrid (2).

286 persoas precisaron de hospitalización na última semana, cun total de 123.891. Deles, 11 son en Andalucía, 14 en Aragón, 2 en Asturias, 1 en Baleares, 3 en Canarias, 5 en Cantabria, 26 en Castela-A Mancha, 30 en Castela e León, 68 en Cataluña, 1 en Ceuta, 10 en Comunidade Valenciana, 9 en Estremadura, 1 en Galicia, 89 en Madrid, 2 en Navarra, 10 en País Vasco e 4 na Rioxa.