CRTVG

Buscar

Sanidade estudará a petición da Liga de comezar fase de adestramentos totais precompetición

Publicado o 22/05/2020 21:03

O presidente da Liga deslizou hai días a data do 12 de xuño para volta do fútbol.  Para que lle saian os cálculos os equipos deberían comezar este luns 25 a última fase dos adestramentos, a que permite o traballo en grupos de máis de dez xogadores. O ministro de Sanidade dixo na súa última comparecencia que van estudar a petición da liga de autorizar estes adestramentos "precompetición".

Salvador Illa: "Estudiaremos a petición da Liga. De momento non hai nada decidido."

O protocolo do CSD para o regreso das competicións sinala que debe mediar unha semana entre o final desta última fase e o comezo da liga. É un protocolo pensado para previr os contaxios pero tamén as lesións. Segundo isto unha data máis plausible sería a do 19 de xuño.

En todo caso o fútbol segue o seu propio camiño. Mentres que hai territorios en distintas fases de desescalada, a todos os equipos da liga, estean no territorio que estean, permitíuselles avanzar ás mesmas condicións de traballo que ós demais.
 

Noticias web

22/05/2020