CRTVG

Buscar

Sanidade estuda baixar o período de corentena de catorce a dez días

Publicado o 08/09/2020 14:13

As novas evidencias científicas sobre os contaxios por coronavirus e as súas fases poderían permitir unha redución do período de corentena. O Ministerio de Sanidade estuda baixalo de 14 a dez días, segundo confirmou Fernando Simón, director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias.

De feito, actualmente xa non é preciso gardar dúas semanas de illamento se se cumpren certas condicións, como dar negativo na proba PCR pasados 10 días.

África González, Catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo, explica que as partículas virais a partir do día 7 xa non son infectivas, pódense detectar pero non infectan, e desa maneira o acurtamento axudará a volver a unha certa normalidade.

Pero Sanidade admite que os casos positivos detectados por PCR son aínda altos. Sitúanse arredor do 11 por cento, lonxe das cifras recomendadas pola OMS para considerar que a situación está baixo control.

Juan Gestal, epidemiólogo, asegura que "a situación estará baixo control cando, facendo moitos tests, a porcentaxe de positivos marque unha tendencia decrecente e baixe, segundo a OMS, do 5 por cento.

E polo momento as autoridades sanitarias descartan reducir o período de corentena a só unha semana, como xa están a propoñer outros países europeos, entre eles Alemaña.

Noticias web

08/09/2020