CRTVG

Buscar

Sanidade detecta 26 positivos novos na Mariña, que elevan a 85 casos a incidencia do brote

Publicado o 04/07/2020 13:25
Sanidade detecta 26 positivos novos na Mariña, que elevan a 85 casos a incidencia do brote

Continúa o rastrexo dos contactos das persoas afectadas pola covid-19 na Mariña e a realización de probas para seguir cercando o brote. Segundo os últimos datos confirmados pola Consellería de Sanidade, os últimos tests realizados confirman outros 26 casos máis, o que eleva a 85 o número de casos detectados. Só catro permanecen no hospital da Mariña o resto están en corentena nos seus domicilios, asintomáticos ou con síntomas leves baixo control.

 Malia que hai varios concellos da comarca afectados, a orixe, segundo confirma a Xunta, está nun único foco localizado en bares da zona portuaria de Burela. 
Sanidade pide a colaboración de todos os cidadáns que estiveron en contacto con positivos, lembran a importancia de que se facilite o traballo dos equipos que fan os rastrexos para controlar os brotes canto antes. 

 No conxunto de Galicia quedan 279 positivos por coronavirus, 39 menos ca onte. Descenden os casos en todas as áreas sanitarias, agás na de Lugo