CRTVG

Buscar

Sanidade deixará de financiar os medicamentos contra a artrose pola súa falta de efectividade

Publicado o 18/11/2019 15:28

O Ministerio de Sanidade xa comezou cos trámites para retirar o financiamento público dos medicamentos contra a artrose. Sosteñen que non son realmente efectivos, pero a Sociedade Española de Reumatoloxía e a industria farmacéutica defenden a súa eficacia.

Coñecidos como Sysadoa son os únicos medicamentos específicos para a artrose, unha enfermidade que afecta o 17,5% da poboación adulta. As asociacións de pacientes están tamén en contra desta medida.

España súmase ao criterio de países da UE como Francia, Austria ou Bélxica. A súa retirada do sistema de saúde suporía un aforro de 36 millóns de euros anuais. 7 millóns de persoas sofren artrose en España.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/11/2019