CRTVG

Buscar

Sanidade decide hoxe se mantén as restricións na área sanitaria da Coruña

Publicado o 12/08/2020 01:32

Dos 740 casos activos que hai en Galicia, 406 están na área sanitaria da Coruña-Cee. Deles, preto de 300 positivos diagnosticáronse na cidade. Seguen aumentado os contaxios, en menor medida ca en xornadas anteriores e máis na capital ca nos concellos límítrofes. Xa son 20 as persoas hospitalizadas, catro máis ca o día anterior.

Sanidade vai revisar este mércores se mantén, reduce ou amplía as restricións en vigor na área sanitaria. Farao en función da avaliación que realice previamente o comité técnico sobre a situación epidemiolóxica. O conselleiro xa adiantou o venres que só en casos extremos se acordarían limitacións á mobilidade das persoas como pasou na Mariña.

"A mobilidade sempre é a última posibilidade porque entendemos que é un dereito fundamental que queremos respectar", aseguraba Jesús Vázquez Almuíña.

O concello da Coruña e Protección Civil tiveron que desmentir o conto que circula polas redes sociais sobre un inminente confinamento da cidade.

Noticias web

12/08/2020