CRTVG

Buscar

Sanidade cre que a vacinación comezará en España a principios de 2021

Publicado o 03/12/2020 21:10

O ministro de Sanidade asegura que as vacinas chegarán a todos os países da Unión Europea ao mesmo tempo e que se distribuírán equitativamente cando sexan seguras e eficaces. Illa mantén principios de ano como a data máis probable para comezar o plan de vacinación da covid. 

"Penso que vai ser a principios de ano, pero se pode ser antes, España está preparada para tan pronto como as recibamos poder administralas seguindo as pautas e os criterios do plan de vacinación que se fixo coas comunidades autónomas e cos expertos do noso país en materia de vacinación", asegurou o ministro.

Noticias web

03/12/2020