CRTVG

Buscar

Sanidade chama á participación nos cribados poboacionais

Publicado o 03/02/2021 22:04

Conter os contaxios mediante a deteción dos casos asintómaticos. Esa é a misión deste cribado poboacional ao que están chamados a participar 3.000 veciños de Ponte Caldelas de 40 a 79 anos.

Pero de pouco serven se os cidadáns non se presentan a facer a proba. Ocorreu na Coruña, onde a pasada fin de semana pasada só se presentou menos da metade dos convocados. Aínda así, Galicia incrementará o volume de probas. É fundamental a participación, especialmente dos que teñen máis interaccións.

Unha proba da importancia dos cribados témola na Cañiza. No último cribado masivo deron positivo algo máis dun 3 por cento das persoas, 49 de 1.578 probas realizadas. É a cifra máis alta de todos os cribados feitos atra agora na área sanitaria de Vigo. En total, das preto de 180.000 probas practicadas durante a última semana, máis de 40.000 foron nestes cribados, cun 1 % de positividade.

Noticias web

03/02/2021