CRTVG

Buscar

Sanders proclámase gañador en Iowa pero o partido democrata atribúe o triunfo a Buttigieg

Publicado o 07/02/2020 08:58

Enmaráñanse aínda máis os problemas do partido demócrata co reconto nos caucus de Iowa. Hai dúas horas que publicaron os resultados definitivos, e dan por gañador o alcade de South Bend, Pete Buttigieg, por unha marxe mínima dun 0,1%.

Tras os resultados, o Comité Nacional Demócrata solicitou un reconto de votos nas asembleas veciñais.

De feito, o Senador por Vermont, o veterano Bernie Sanders, xa se atroproclamara gañador. Afirma en Twitter que obtivo 6.000 votos de vantaxe. O caos desatado polo reconto atribúeno ao fallo dunha aplicación informática.

Noticias web

07/02/2020