CRTVG

Buscar

Sanders, favorito tras a retirada de Buttigieg

Publicado o 02/03/2020 08:22

Nos Estados Unidos, Pete Buttigieg abandona a carreira das primarias demócratas. Era o candidato máis novo e o primeiro da historia que recoñeceu abertamente a súa homosexualidade.

Tras a súa retirada, o veterano Bernie Sanders segue como favorito para facerse coa maioría dos delegados no Supermartes, que será determinante para escoller o rival de Trump, xa que nesa xornada votan un total de 14 Estados.

Onte, Joe Biden, que fora vicepresidente con Obama, gañou en Carolina do Sur, e amosa así a súa potencia electoral entre o electorado afroamericano.

Bloomberg segue en campaña e leva investidos 500 millóns de dólares; tamén segue Elisabeth Warren. Ambos os dous teñen poucas opcións.

Noticias web

02/03/2020