CRTVG

Buscar

Sanders, favorito no peche da campaña demócrata en New Hampshire

Publicado o 11/02/2020 08:51

Nos Estados Unidos, Buttigieg e Sanders formalizaron onte petición para que se revisen os resultados das primarias de Iowa, que lle deron a vitoria ao primeiro por unha marxe moi axustada. Os demócratas seguen coa carreira para escoller o seu candidato presidencial, que onte se centrou en New Hampshire. O mitin de peche de campala de Bernie Sandesr foi multitudinario. Estivo apoiado pola nova promesa do partido, Alexandria Ocasio-Cortez, e pola actriz Cynthia Nixon, moi coñecida polo seu papel en Sexo en Nova York. Rematou cun concerto do grupo The Strokes.

Donald Trump contraprogramou cun evento na mesma cidade. Tamén encheu o pavillón. Dixo que ía facer campaña porta a porta para evitar que gañe nese estado o que el define como "socialismo radical".

Noticias web

11/02/2020