CRTVG

Buscar

Sánchez xa non considera a Guaidó presidente encargado de Venezuela senón "líder da oposición"

Publicado o 12/02/2020 12:23

Foi na súa primeira intervención, en resposta ao voceiro de Vox, que acusou a Sánchez de estar na Moncloa instalado na mentira permanente, cando o presidente do Goberno citou unhas palabras de Guaidó, que rematou deste xeito.

Hai pouco máis dun ano, o 26 de xaneiro de 2019, o Goberno de Pedro Sánchez deulle unha semana de prazo a Nicolás Maduro para convocar eleccións libres. Nove días despois, Sánchez facía esta declaración oficial.

O tratamento concedido daquela por Sánchez a Guaidó, presidente encargado, é o que lle segue a recoñecer hoxe o Parlamento Europeo e outros 14 países, entre eles os Estados Unidos e Gran Bretaña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2020