CRTVG

Buscar

O PSOE propón a Meritxell Batet para presidir o Congreso e Manuel Cruz o Senado

Publicado o 17/05/2019 20:46

Pedro Sánchez aposta por dous membros do PSC, Meritxell Batet e Manuel Cruz, para presidiren ela o Congreso e el o Senado. As súas proposta ratificouna esta mañá a dirección do PSOE. Os socialistas pactaron ademais con Unidos Podemos a composición da Mesa do Congreso. Alí as estas dúas forzas terán a maioría.

A cinco días para a constitución das Cortes a executiva federal do PSOE ratificou o nome de Meritxell Batet para presidir o Congreso e o de Manuel Cruz para o Senado. Ambos cataláns, do PSC, o que se considera un novo achegamento de Pedro Sánchez a Cataluña tras o veto dos independentistas á proposta de Iceta.
O PSOE deféndeos como unha aposta pola moderación. PP e Ciudadanos cuestionan a súa elección.José Luis Ábalos, secretario de organización do PSOE: "Dúas persoas con formación e cualidades óptimas para arbitrar o parlamentarismo e reconducilo pola senda da moderación". Dolors Montserrat, PP: "Quero lembrar que Batet foi unha das deputadas que votou a favor do dereito a decidir"  Inés Arrimadas, Ciudadanos: "Unha señora que di que se non che gusta a Constitución non che gusta tampouco a imos impoñer... esto é o sanchismo, esto é o que nos espera"

O PSOE aprobou tamén os representantes do partido na Mesa do Congreso. Os socialistas chegaron a un pacto con Unidas Podemos para controlar cinco dos nove membros deste órgano, tres serán do PSOE e dous de Podemos. Os de Iglesias terán a mesma representación que PP e Ciudadanos, e ocuparán a vicepresidencia primeira e a secretaría primeira.  Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos: "É un bo punto de partida, no que demostramos que somos capaces de poñernos de acordo e de traballar xuntos"

Iglesias segue apostando un goberno de coalición, e o PSOE insiste en gobernar en solitario.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/05/2019