CRTVG

Buscar

Sánchez regresa de Barcelona sen falar con Torra tras visitar os axentes feridos

Publicado o 21/10/2019 18:54

Pitos e bucinas para recibir a Pedro Sánchez na Xefatura de Policía de Barcelona. O presidente do Goberno en funcións trasladoulles aos axentes o recoñecemento polo seu papel nuns disturbios que, augura, non remataron. 

Pedro Sánchez, presidente do Goberno en funcións, díxolles que "estabamos todos moi preocupados pola intensidade do momento que, estou convencido, estades vivindo, e o digo en presente continuo porque a crise de orde pública non rematou".

Tamén entre apupos, Sánchez foi despois aos dous hospitais onde atenden a maior parte dos 289 axentes feridos na última semana. Antes de viaxar a Barcelona, Sánchez envioulle unha carta a Quim Torra instándoo a condenar a violencia. O presidente catalán respondía primeiro con outra misiva invitándoo a reunírense aproveitando a súa presenza na capital catalá, e despois cunha chamada do seu xefe de gabinete. Pero Sánchez non lle descolga o teléfono ao president, como o propio Torra escenificaba neste vídeo.

Fronte á Xefatura de Polícía, amoréanse as flores dos cataláns que si agradecen o traballo das forzas de seguridade.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/10/2019