CRTVG

Buscar

Sánchez ofrécelle a Podemos incluír algunhas propostas súas no programa de goberno

Publicado o 27/08/2019 16:07

Os políticos volven ao traballo tras as vacacións de agosto pero o futuro da investidura de Pedro Sánchez segue no aire. PP e Ciudadanos culpan o presidente en funcións do bloqueo político.

"Paréceme que Sánchez xa elixiu socios, o que non se poñen de acordo é na repartición de cadeiras", afirmou Arrimadas.

"Eu dígolle...bloqueo dis, bloqueo preguntas, bloqueo Sánchez eres ti", dixo a popular  Álvarez de Toledo.

E Podemos segue apremando a negociar cos socialistas onde o deixaron en xullo, é dicir na busca dun goberno de coalición. Cren que Sánchez os está chantaxeando coa convocatoria electoral.

"Esa estratexia de chantaxe e non negociación paréceme un erro pola súa parte pero é o que temos enriba da mesa agora mesmo. Eu non entendería que Pedro Sánchez nos abocara a unha repetición electoral, que cometera esa enorme irresponsabilidade simplemente porque alguén lle murmura ao oído que lle pode ir un pouco mellor", asegurou Belarra, a voceira de Unidas Podemos.

Pedro Sánchez segue a rolda de contactos con organizacións sociais para elaborar un novo programa de goberno. A Podemos ofrécelle compartilo pero sen entrar no executivo.

"Imos presentar un programa que xa non só será o programa electoral doPSOE, senón que estará mellorado cunha parte importante do programa de Unidas Podemos", afirmou a socialista Carmen Calvo.

O PSOE pídelle a Podemos que non lle peche o paso. É á dereita que deixe de actuar, dixo Calvo, como se España non fose asunto deles.

 

Noticias web

27/08/2019