Sánchez mostra "total apoio" a Podemos e Iglesias tras a investigación xudicial
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, apoiou publicamente o seu socio de coalición Pablo Iglesias. Na conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros, cando lle preguntaron os medios polas acusacións de Iglesias de falta de liderado á ministra de Educación, Sánchez explicou que ten "máxima confianza" en todos e todas as ministras do goberno.
Tamén indicou que ten unha "positiva opinión do funcionamento do Goberno de coalición e da aportación de Unidas Podemos ao funcionamento do Goberno".
Preguntado polas investigacións sobre financiamento irregular abertas ao seu socio de coalición, o xefe do Executivo lembrou que o Goberno non comenta este tipo de cuestións, mais que deposita, "no terreo político, total confianza e total apoio a Unidas Podemos e o vicepresidente segundo", asegurou Pedro Sánchez.
ÚLTIMA HORA | Pedro Sánchez mostra "total apoio" a Podemos e a Pablo Iglesias tras a investigación xudicial por financiamento irregular https://t.co/9xLppKNpJm pic.twitter.com/VvQPZd2TFd
— G24 (@G24Noticias) August 25, 2020