CRTVG

Buscar

Sánchez inicia no Senado un curso delimitado pola pandemia e os orzamentos

Publicado o 08/09/2020 08:54

En Madrid, o inicio na práctica do ano lexislativo vai ser a comparecencia esta tarde no Senado do presidente Sánchez nunha sesión monográfica dedicada á xestión da pandemia e á aprobación dos orzamentos.

Realmente esta sesión debera realizarse no mes de xullo, pero houbo que aprazala pola negociación do plan de recuperación europea. O Senado vai estar á metade da súa cabida, uns 133 senadores. Vai ser a segunda vez que o presidente do Goberno compareza na Cámara Alta.

Noticias web

08/09/2020