CRTVG

Buscar

Sánchez garante que o acordo con ERC estará dentro da Constitución e será público

Publicado o 04/12/2019 17:35
Sánchez garante que o acordo con ERC estará dentro da Constitución e será público

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, garantiu este mércores que o acordo ao que se chegue con ERC a cambio de favorecer a investidura do líder socialista "vai estar sempre dentro do marco da legalidade democrática e da Constitución Española" e comprometeuse a facelo público unha vez que se peche.

En conferencia de prensa desde Londres, onde participou no cume da OTAN, non quixo ofrecer maiores detalles sobre a evolución das conversacións con ERC, unhas conversacións que, como as que se mantiveron co resto de partidos dispostos a colaborar na formación de goberno, van "ben" precisamente porque son "discretas".

Sánchez xustificou estar a negociar con ERC o desbloqueo da formación de goberno porque PP e Ciudadanos "desentendéronse" de colaborar na súa investidura. Aínda así, precisou que cando reciba o encargo do rei para formar goberno falará tamén cos representantes destes dous partidos, aos que pediu que asuman a súa "responsabilidade".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/12/2019