CRTVG

Buscar

Sánchez evita as declaracións políticas na previa do Cumio do Clima

Publicado o 30/11/2019 14:58

Pedro Sánchez opta pola estretaxia de evitar o cruzamento de declaracións sobre a posible demora na investidura, unha vez coñecida a última postura de Esquerra. Hoxe evitou o contacto directo cos medios de comunicación na visita a Ifema como prólogo a inuguraciñón do Cumio do Clima.

Sánchez estivo acompañado da ministra en funcións para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, e o seu xesto máis significativo foi un aplauso para voluntarios e traballadores que fan posible este evento internacional que ocupará 113.000 metros cadrados en Ifema e no que van participar 25.000 persoas.

O cumio climático de Madrid ten como lema "Tempo de actuar". O obxectivo é dar un paso eficaz para cumprir co Acordo de París, que entrará en vigor en xaneiro do ano vindeiro. Os analistas inciden en que vai demasiado lenta a implantación de modelos enerxéticos baixos en emisións no planeta e as grandes potencias seguen sen frear sustancialemente a emisións de gases invernadoiro

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/11/2019