CRTVG

Buscar

Sánchez dá negativo na PCR, pero manterá a corentena tras o positivo de Macron

Publicado o 17/12/2020 17:10

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, deu negativo na proba PCR á que se someteu este xoves, pero manterá a corentena prevista ata o 24 de decembro tras estar en contacto co presidente francés, Emmanuel Macron, positivo por covid-19.

A Moncloa informou do resultado negativo desa proba diagnóstica que se realizou a Sánchez despois de que o Palacio do Elíseo informara do positivo de Macron. En cumprimento dos protocolos sanitarios, malia estar ben e sen ningún tipo de síntoma, gardaría corentena ata o 24 de decembro.