CRTVG

Buscar

Sánchez e Torra acordan aprazar a mesa de diálogo

Publicado o 13/03/2020 18:27
Sánchez e Torra acordan aprazar a mesa de diálogo

O presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, e o da Generalitat, Quim Torra, acordaron este venres "aprazar a mesa de negociación ata que a situación sanitaria estea noutra fase". Fontes de Presidencia da Generalitat detallaron que ambos o acordaron nunha conversación en que Sánchez lle comunicou a Torra a decisión de declarar o estado de alarma polo coronavirus. Segundo as mesmas fontes, Sánchez engadiu que as concrecións desta decisión as trasladará na reunión prevista para este sábado por videoconferencia ás 10.00 horas.