CRTVG

Buscar

Sánchez e Arrimadas acordan compartir información sobre a crise sanitaria e buscar pactos futuros

Publicado o 12/05/2020 17:58
Sánchez e Arrimadas acordan compartir información sobre a crise sanitaria e buscar pactos futuros


O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e a líder de Ciudadanos, Inés Arrimadas, mantiveron unha conversa este martes en que, segundo a Moncloa, expresaron a súa vontade de manter contactos periódicos, para compartir información sobre a crise xerada polo coronavirus, e buscar "acordos futuros" no ámbito sanitario, económico e social. Así o indicou nun comunicado a Secretaría de Estado de Comunicación, que sinalou que os dous políticos manifestaron a súa intención de "seguir traballando para a consecución de acordos futuros que permitan vencer o virus e contribuír á reconstrución económica e social do país".

 Tras manter unha conversa telefónica Sánchez e Arrimadas decidiron manter contactos semanais, que era unha das esixencias de Ciudadanos a semana pasada para apoiar a continuidade do estado de alarma. Non trascende se nesa axenda figura a negociación doutra prórroga. Desde o partido laranxa din que seguirán sendo esixentes co Goberno pero pensando no interese xeral.

Noticias web

12/05/2020