CRTVG

Buscar

Sánchez defende a harmonización de impostos entre as comunidades para garantir a igualdade

Publicado o 25/11/2020 21:22

O presidente do Goberno defendeu o acordo con Esquerra Republicana para apoiar os presupostos a cambio dunha reforma fiscal.

Pedro Sánchez di que é necesario harmonizar os impostos entre comunidades autónomas para garantir a igualdade de oportunidades entre todos os cidadáns. Di que non se trata dunha cuestión ideolóxica e que tamén ten partidarios entre os propios populares.

 "Esa harmonización fiscal tamén se ten que producir en determinados impostos no noso país se queremos garantir algo no que estou convencido que pode estar de acordo todo o mundo, mesmo a señora Ayuso, e é a igualdade de oportunidades. Se vostede fala con presidentes autonómicos do Partido Popular tamén lle dirán que efectivamente temos un problema que resolver de harmonización fiscal".

Noticias web

25/11/2020