CRTVG

Buscar

Sánchez arroupa a Caballero no primeiro mitín tras o estado de alarma

Publicado o 27/06/2020 21:50

Gonzalo Caballero continúa o seu percorrido por Galicia. Estivo pola mañá en Ourense e na tarde desprazouse a Vilalba e Cedeira. No acto principal, en Ourense estivo arroupado por Pedro Sánchez no que foi o primeiro mitin tras a fin do estado de alarma.

Rodeados duns 500 militantes e simpatizantes defenderon a xestión do Goberno socialista en España ao longo destes meses na xestion da crise sanitaria da covid-19. Pedro Sánchez pediulle ao electorado galego que apoie o proxecto socialista para rematar co sálvese quen poida.


 

Noticias web

27/06/2020