CRTVG

Buscar

Sánchez apoia a decisión de Filipe VI de renunciar á herdanza

Publicado o 17/03/2020 20:06

Pedro Sánchez apoia a decisión de Filipe VI de renunciar á herdanza do seu pai, o rei emérito, e retirarlle a asignación da Casa Real. O presidente do Goberno comprende o sobresalto da opinión pública ante as novas que apuntan a Xoán Carlos I como presunto beneficiario de doazóns procedentes de Arabia Saudita: "O único que podo facer é apoiar a decisión tomada polo rei Filipe VI. Creo que son unhas medidas necesarias e coherentes coas actuacións tendentes á transparencia e á exemplaridade que durante o reinado de Filipe VI se veñen impulsando por parte da Casa Real"

Noticias web

17/03/2020