CRTVG

Buscar

España abre o 21 de xuño as súas fronteiras coa UE, agás con Portugal

Publicado o 14/06/2020 20:35

Pedro Sánchez comunicou este cambio de plans na última conferencia cos presidentes autonómicos. A apertura de fronteiras cos países europeos será finalmente o vindeiro domingo, cando decaia o estado de alarma. A excepción é Portugal, porque así o pediu o primeiro ministro luso, quen prefire agardar ao 1 de xullo. 

O executivo luso pediu que se manteñan pechadas as fronteiras comúns ata o un de xullo. Ese día celebrarase unha cerimonia de reapertura fronteiriza co país veciño, na que participarán o propio Sánchez e o rei Filipe VI na compaña do presidente e do primeiro ministro de Portugal.

A partir do 21 de xuño, dentro dunha semana, tamén se levantará a corentena de 14 días para os que cheguen a España desde o estranxeiro. Sánchez anunciou que xa non haberá máis conferencias telemáticas cos presidentes autonómicos e que se reunirá con eles presencialmente a finais de xullo para tratar a reconstrución económica e social.

 

Noticias web

14/06/2020