CRTVG

Buscar

Sánchez agarda comezar a vacinar contra a covid-19 en maio

Publicado o 05/11/2020 20:28

Pedro Sánchez espera iniciar a vacinación contra a covid-19 en maio. Díxoo en Valencia, primeira parada da súa xira polas comunidades autonómas para explicar o plan de recuperación da economía.

O presidente di que a segunda vaga do coronavirus é distinta que a primeira, e que esixe unha estratexia diferente da que se adoptou en marzo. Sánchez volveu apelar á disciplina colectiva para dobrar a curva dos contaxios antes de que estea dispoñible a vacina.

Noticias web

05/11/2020