CRTVG

Buscar

Sánchez advirte de que os actos violentos non quedarán impunes

Publicado o 18/10/2019 19:34

• Rivera insiste na aplicación do 155

• Casado pide contundencia

Fernando Grande-Marlaska dixo que este venres se podía visitar Barcelona con total normalidade, palabras que lle reprochaba o líder de Ciudadanos.

Albert Rivera, presidente de Ciudadanos, pídelle a Marlaska e a Sánchez "que deixen de negar a realidade. Non se pode saír hoxe a facer unha conferencia de prensa e dicir que non pasa nada en Cataluña porque iso é mentira. Eu, se puidese cesar a Torra, cesábao hoxe, nun Consello de Ministros".

Rivera e tamén Pablo Casado coincidiron en que Cataluña non vive hoxe unha folga, senón unha sabotaxe. O líder popular lamentou os insultos sufridos en Barcelona pola súa voceira no Congreso e volveu instar a Sánchez a aplicar a Lei de seguridade nacional.

Pablo Casado, presidente do PP, pídelle ao Goberno "firmeza e, sobre todo, urxencia porque Cataluña non pode estar nin un minuto máis con esta sensación de inseguridade e impunidade nas rúas".

Pero Sánchez volvía apelar á mesura e a proporcionalidade. Di que o Estado non pode ceder ao impulso da exaltación, aínda que garante unha resposta firme.

Pedro Sánchez, presidente do Goberno en funcións, asegura: "non vai haber ningún espazo á impunidade ante os graves feitos violentos que vimos nestes últimos días en distintas cidades de Cataluña".
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/10/2019