CRTVG

Buscar

San Xosé e as Letras Galegas, festivos en Galicia no 2021

Publicado o 19/06/2020 15:15

O Consello da Xunta aprobou hoxe a proposta de calendario laboral para o ano que vén. Á marxe dos obrigatorios en toda España e dos dous que poden elixir os concellos, o Goberno galego opta por facer festivos San Xosé e o Día das Letras, ao caer en domingo o 15 de agosto e o 25 de xullo, que por iso é ano santo.

Noticias web

19/06/2020