CRTVG

Buscar

San Xoán sen grandes cacharelas, pero con sardiñas

Publicado o 23/06/2020 09:35

Este ano a noite de San Xoán vai ser moi distinta á habitual. Para evitar aglomeracións suspéndense as tradicionais celebracións en espazos públicos. Non haberá por tanto cacharelas nas praias, como é costume na Coruña. 

Iso non quita que se manteña a tradición de tomar as sardiñas. De feito, na maior parte de localidades está permitida a organización de sardiñadas en espazos públicos por parte de hostaleiros ou asociacións de veciños, sempre que se respecten as normas sanitarias.

Noticias web

23/06/2020