CRTVG

Buscar

Salvini reúne a ultradereita italiana e promete volver gobernar

Publicado o 20/10/2019 11:19

Máis de 200.000 persoas concentráronse en Roma nunha manifestación convocada polo líder ultradereitista Mateo Salvini e na que tamén participou o ex-presidente Silvio Berlusconi.

O obxectivo foi reivindicar a unidade da dereita nunhas eventuais eleccións e criticar o novo executivo formado polo Movemento Cinco Estrelas co Partido Demócrata e a formación Libres e Iguais.

Salvini mostrouse satisfeito do ano durante o que mantivo a carteira de Interior, no que "houbo portos pechados" para as embarcacións de migrantes e criticou o actual modelo da Unión Europea, para acabar prometendo que volverá gobernar nun futuro próximo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/10/2019