CRTVG

Buscar

Salvaterra recupera a súa tradición termal

Publicado o 29/05/2019 21:34

Cunha media de 220 usuarios entre semana e de 450 os sábados e domingos, estas piscinas termais se Salvaterra xa son éxito. E iso, aos quince días da súa apertura.

Hai tres piscinas con cadansúa temperatura: 39, 38 e 37 graos. Vai calor dentro e tamén fóra, pero para iso hai unhas normas de uso.

A tradición termal de Salvaterra ven de antigo, de cando os mananciais abrollaban na propia canle do Miño. Aquilo perdeuse e hoxe se recupera grazas a novas perforacións que deron como resultado estas tres pozas.

Está previsto que estas termas municipais formen parte dunha instalación maior con equipamentos e zonas verdes cuxas obras poderían comezar este verán.

Noticias web

29/05/2019