CRTVG

Buscar

Rescatan cinco persoas dunha embarcación afundida en Moaña

Publicado o 11/10/2020 11:57

O Servizo de Salvamento Marítimo logrou rescatar de madrugada tres homes e dúas mullres nunha zona próxima aos polígonos mexilloeiros de Moaña, entre Meira e Domaio. Ao parecer, a embarcación de recreo golpeou contra unha batea e foi mobilizado o Pesca 1, que estaba nun adestramento rutineiro.

O helicóptero de salvamento deu cobertura desde o aire con iluminación e outra embarcación recolleunos e trasladou os náufragos a terra.

Noticias web

11/10/2020