CRTVG

Buscar

Salvamento Marítimo recomenda non achegarse ás candorcas que pasan fronte ás costas galegas

Publicado o 31/08/2020 21:34

A menos de catro quilómetros da costa de Corrubedo, os tripulantes da embarcación da Armada, Mirfak, puideron, en medio dunha sorpresa inmensa, gravar como un grupo de candorcas levaba por diante parte do temón cando se dirixían ao porto de Baiona para participar na regata de vela Príncipe de Asturias. Por sorte, só hai danos materiais. Os biólogos non atopan unha explicación definitiva a este comportamento nunha especie que pasa todos os anos fronte ás nosas costas na súa migración de sur a norte.

Horas antes deste incidente, ese mesmo grupo de cetáceos puido ser o que na mesma zona se achegou a un veleiro francés que fixera noite en Portosín. Desta volta, o encontro foi pacífico. Mais o mero contacto con estes impoñentes animais de varias toneladas de peso pode ser devastador, por iso foi revisado o barco no porto de Baiona antes de seguir a súa ruta cara ao sur de Portugal.

A maioría dos encontos coas candorcas son sorprendentes, como estoutro rexistrado hai uns tres anos. En caso de avistalas, Salvamento Marítimo recomenda ás embarcacións que non se acheguen para evitar accidentes.

Noticias web

31/08/2020