CRTVG

Buscar

Salvamento Marítimo desembarcou en Motril 82 migrantes rescatados de dúas embarcacións

Publicado o 27/01/2019 11:36

Salvamento Marítimo desembarcou no porto de Motril Salvamento Marítimo desembarcou no porto de Motril as 82 persoas rescatadas de dúas barcas, todas elas de orixe subsahariana, entre as que hai 21 mulleres, tres nenos pequenos e outros cinco menores de idade.

Os inmigrantes, que estaban nas proximidades de Alborán, foron postos a disposición da Policía Nacional no centro de acollida, e dous deles trasladados ao hospital de Motril, unha muller embarazada e un home cunha escordadura.

 

Noticias web

27/01/2019