CRTVG

Buscar

Salvador Illa di que a situacion en España é "preocupante"

Publicado o 15/10/2020 15:14

O ministro de Sanidade defendeu ante o Congreso a declaración do estado de alarma en Madrid. Salvador Illa di que a situación no conxunto de España é preocupante e inestable, e fai unha advertencia: "En ningún caso podemos normalizar as cifras tan altas de incidencia. O noso promedio cuadruplica o límite considerado de alto risco", explica.

Pero a Comunidade de Madrid considera que as medidas son arbitrarias, e acusa o excutivo central de "impoñer". "En Madrid aplicarónse medidas arbitrarias e desproporcionadas que non se están aplicando noutras comunidades", explica Díaz Ayuso.  

O incremento dos contaxios tamén obriga a endurecer as medidas noutras comunidades. Dende esta medianoite, e á espera de que se resolva o recurso presentado ante a xustiza pola patronal,  bares e restaurantes de Cataluña teñen que botar o peche. E en Granada, aulas baleiras. Máis de 60.000 universitarios están dende hoxe sen clases presenciais, tras detectarse 150 contaxios por coronavirus en sete residencias de estudantes.

Noticias web

15/10/2020