CRTVG

Buscar

Salva Ruiz, Mollejo, Montero e Jovanovic, fichaxes de última hora do Deportivo

Publicado o 02/09/2019 22:08

Na Coruña vívese un peche de mercado taquicárdico. Imos repasar a xornada por orde cronolóxica.
Pola mañá facíase oficial a incorporación deste home: Sasa Jovanovic, que pasaba recoñecemento médico. O Dépor negociaba ata catro incorporacións máis, ningunha posible sen a saída de Rolan, que se producía contra a tardiña. Rolan xogará cedido nos Bravos de Juárez con opción de compra. Liberou arredor dun millón de tope salarial.

Desta forma, hai apenas uns minutos chegaba o lateral Salva Ruiz, do Valencia. Asina por tres temporadas. Tamén son oficiais Mollejo e Montero, do Atlético de Madrid. A saída de Róber Pier ao Levante tamén se oficializou nos últimos minutos.




 

Noticias web

02/09/2019