CRTVG

Buscar

Salva Ruiz di que hai boa sintonía coa directiva para chegar a un acordo económico

Publicado o 07/04/2020 15:12

• Di que estaría disposto a xogar no verán con "horarios coherentes"

Salva Ruiz, lateral esquerdo do R. C. Deportivo, confirmou que os xogadores e o Consello de Administración están a manter negociacións como consecuencia das redución de ingresos pola paralización das competicións e asegurou que hai "boa sintonía" para chegar a un acordo.

"Os capitáns transmitíronnos nunha pequena reunión por videochamada o que pensa o club, agora mesmo hai unha pequena negociación e creo que se vai a chegar a un acordo pronto que favoreza os intereses de todos. Hai boa sintonía entre o vestiario e o club", comentou nunha conferencia de prensa telemática.

Noticias web

07/04/2020